Sobre min

Ola, chamome Lorena. Eu estou baixo o seudónimo de Azul do Atlántico.
O azul é unha das cores que simbolizan a auga que rodea e cae en Galicia.
Aparte que é unha cor que da como unha brisa de frescor ao velo.
Estudei fotografía na EASD Mestre Mateo, a miña maneira de fotografiar podedes vela aquí . Sempre me gustaron este tipo de fotografía, de “roubados” nas que o protagonista está no seu pensamento…e nas que eu me mimetizo co entorno.
Gañei o segundo posto de Xuventude Crea 2014 co meu proxecto de fin de curso que podedes ver aquí.
Aparte da fotografía…e o motivo de esta páxina é a ilustración, debuxar, ilustrar…é ser nena outra vez.
Un proxecto inspirado na fotografía de Virxilio Vieitez.
Intento cada día practicar máis e máis…pelexarme coas proporcions e as veces romper as proporcións e disfrutar de debuxar.
Sempre me gustou debuxar…sobretodo de pequena que a miña obra mestra eran os cans salchica. Despois inspirabanme a Guerreira Lúa, Arale, Hatori…(Gracias Xabarín Club)
As técnicas que uso son acuarela combinada con lápices de cores, e acuarelas metálicas. Agora tamén estou practicando co gouache e os recortes.
Se estades interesados en colaborar conmigo facendome algunha proposta estou aberta a ideas.
Tamén se tedes algunha pregunta que facerme podedes contactar comigo aquí.